consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

O turismo cultural en Galicia (2013 e avance 2014)


A elaboración do seguinte documento de traballo ten como obxectivo analizar o papel do turismo cultural en Galicia, a súa influenza no desenvolvemento socioeconómico da comunidade e os posibles beneficios que este reverte na economía galega. Neste senso, ofrécense datos de carácter xeral sobre turismo nacional, turismo dos galegos, turismo internacional e turismo de cruceiros, á vez que se afonda en variables como o gasto total dos turistas españois e estranxeiros que chegan á comunidade galega e dos propios galegos nas viaxes que realizan fóra de Galicia por motivos culturais. Os indicadores de emprego e afiliacións á Seguridade Social do sector veñen a completar este mapa de situación.

Complétase cuns datos de especial relevancia como son os relativos ao Camiño de Santiago. A súa significación e particularidade, por unha banda, e o notable volume de peregrinos e visitantes que se achegan á comunidade autónoma polo interese que esperta esta ruta, xustifica a investigación deste fenómeno como un activo importante dentro do turismo cultural en Galicia.


Código QR para a descarga