consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Panorama estatístico das artes escénicas galegas


O informe que se desenvolve a continuación está conformado por unha serie de indicadores sobre o panorama galego no ámbito das artes escénicas, dende o estudo das actividades desenvolvidas ata a incidencia noutras ámbitos como o económico, laboral ou educativo. Para os resultados sobre produción, asistencia e recadación de teatro, danza e xénero lírico as fontes estatísticas que se manexan proveñen do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música a través da explotación estatística das Bases de Datos de Recursos de las Artes Escénicas e das Bases de Datos de Recursos de la Música y la Danza. Tamén se extraen datos do Anuario de las Artes Escénicas, Musicales y Audiovisuales da Sociedad General de Autores de España. Os resultados sobre o ámbito educativo están extraídos da Estadística de las Enseñanzas no universitarias. Para a análise do gasto privado utilizouse a Encuesta de Presupuestos Familiares e para o ámbito laboral acudiuse ao Instituto Galego das Cualificacións e á explotación que fai o Instituto Galego de Estatística das Afiliacións á Seguridade Social. Por último, realizouse unha explotación específica do Sistema de Análise de Balances Ibéricos para avaliar o comportamento do sector privado das artes escénicas.

Código QR para a descarga