consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Os nenos


A figura escollida pola Real Academia Galega para o Día das Letras Galegas de 2015 foi Xosé F. Filgueira Valverde, un dos grandes polígrafos da cultura galega do século pasado, á que contribuíu cunha extensa obra persoal de creación (literaria e mesmo musical) e de investigación en varios campos humanísticos (historia, arte, literatura, etnografía…). Pero foi tamén unha figura esencial para a fundación de institucións moi principais da cultura galega, desde o Seminario de Estudos Galegos ata o Museo de Pontevedra e, como é ben sabido, tivo unha vinculación especialmente estreita co Consello da Cultura Galega pois, como conselleiro da Xunta de Galicia, comandou a elaboración da Lei 8/1983, pola que aquel foi creado e, anos andados, foi o seu presidente desde 1990 ata o momento do seu pasamento, en setembro de 1996

Código QR para a descarga