consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Informe sobre as afeccións ao patrimonio natural e biodiversidade da Liña eléctrica LAT 132 KV (O Irixo-Lalín)


O día 27 de outubro de 2014 foi rexistrado un escrito subscrito pola Asociación Autonómica COVA CREA e a Asociación Autonómica Ambiental PETÓN DO LOBO, con domicilio en Silleda (Pontevedra), no que se solicitaba a este Consello, en función das súas atribucións autonómicas, dirixirse á Consellería de Medio Ambiente, ás administración locais e autonómicas e á empresa Unión Fenosa, S.A. para que esta última modifique o trazado previsto da liña eléctrica LAT 132 KV IRIXO-LALÍN polas súas afeccións sobre o patrimonio natural e cultural da contorna do monumento natural da Fraga de Catasós e, máis nomeadamente, da fraga de Casas Vellas.

Despois de valorado o escrito, a Comisión Executiva considerou que entraba dentro das competencias deste alto organismo asesor da Comunidade Autónoma galega o emitir o informe e acordou, con data de 30 de outubro de 2014, solicitar o informe a Francisco Díaz-Fierros Viqueira, coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade.

Unha vez recibido o informe elaborado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Pablo Ramil Rego, a Comisión Executiva aprobou, na reunión do 1 de abril de 2015, emitir, por petición de parte, o seguinte INFORME


Código QR para a descarga