consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Arquivos e bibliotecas


Este informe recolle os principais datos das actividades culturais encargadas da custodia e catalogación do patrimonio documental e bibliográfico. Os arquivos sustentan unha parte fundamental da memoria colectiva, ao mesmo tempo que constitúen o soporte testemuñal da historia. Deste xeito, amósanse como unha ferramenta de coñecemento común, posto que son depositarios de información de carácter social e cultural, funcionando como custodios da documentación da actividade dunha institución, unha empresa ou mesmo unha persoa particular. As bibliotecas seguen sendo un espazo central para a cultura. As transformacións sociais e tecnolóxicas favoreceron unha adaptación destas ás novas necesidades dos seus usuarios.

Código QR para a descarga