consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Galicia, o sorriso de Daniel

Baixar publicación

/ 2004 /

DATOS DO EVENTO

Galicia: O sorriso de Daniel
Barcelona, do 28 de xuño ao 18 de xullo de 2004


O Consello da Cultura achéganos o libro da exposición "O sorriso de Daniel" no que diversos autores explican a realidade galega no noso idioma, en español e en inglés.

O Consello da Cultura Galega, coa exposición “GALICIA, O SORRISO DE DANIEL”, pretende ofrecer unha sucinta e expresiva información dalgúns trazos que configuran a personalidade de Galicia, do que significa como pobo, da súa historia, da súa cultura, da súa lingua; nun intento, que coidamos especialmente necesario, de facilitar o seu coñecemento alén dos seus límites xeográficos.

O Consello da Cultura Galega (CCG) asumiu a realización da exposición por considerar necesario o diálogo coas demais culturas e entender que ese debe ser un signo distintivo da civilización do século XXI. Entedemos asemade que “GALICIA, O SORRISO DE DANIEL” é unha excelente contribución ao legado dos primeiros vinte anos da constitución do CCG, institución contemplada no Estatuto de Autonomía de Galicia e creada pola Lei do Parlamento de Galicia 8/1983 de 8 de xullo. Pola súa configuración e as súas características, o Consello é unha institución senlleira e única no panorama autonómico español.


Código QR para a descarga
Deseño/maquetación Barro Salgado Santana (Grupo Revisión Deseño)
Asesoramento lingüístico Reverso SL, S. L.
Imprime Litonor
D.L.: C-1457-2004