consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Estudios de Comunicación nº 2 (2003)


A Sección e o Arquivo de Comunicación editan anualmente a revista Estudios de Comunicación, a primeira publicación científica sobre o sector creada en Galicia.

Os estudios de comunicación cumpriron dez anos na universidade galega. A primeira que se implantou foi a titulación de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación, da Universidade de Santiago, no curso 1991-1992. No curso 1994-1995, a Universidade de Vigo, na súa Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, estableceu os estudios de Publicidade e Relacións Públicas. Comezou así un proxecto que hoxe segue dando froitos e que no futuro verá ampliado o seu campo de acción, logo da decisión das autoridades do país de que a partir do curso 2003-2004 a universidade galega imparta a titulación de Comunicación Audiovisual. A Universidade da Coruña ofrecerá desde o curso 2003-2004 un segundo ciclo desta licenciatura, mentres que as universidades de Vigo e Santiago comparten unha licenciatura de ciclo completo, que previsiblemente tamén comezará no segundo ciclo desde o curso 2003-2004.
Este número de Estudios de Comunicación xa estaba planificado cando as autoridades do país decidiron autoriza-la implantación da titulación de Comunicación Audiovisual, insistentemente reclamada nos últimos anos. Con todo, unha primeira parte ofrece artigos de profesores das tres universidades sobre a formación dos comunicadores en Galicia, a importancia que tivo a
implantación destes estudios na universidade galega e sobre as perspectivas de futuro. Unha segunda parte da publicación recolle artigos de investigadores de distintas universidades do Estado sobre diversos temas como o traballo xornalístico de Antón Avilés de Taramancos, a información cultural, a retransmisión do ciclismo en Galicia e a información das empresas en temporadas de crise económica.


Código QR para a descarga
Consello da Cultura Galega
Sección de Comunicación
Arquivo de Comunicación
Pazo de Raxoi, 2.º andar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 95 72 02
Fax: 981 95 72 05
Enderezo electrónico: correo@consellodacultura.org
Proxecto gráfico:
Manuel Janeiro
ISSN 1578-4916
D.L. C-0000/2003
Realización:
Táktika Comunicación