consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

A estandarización do léxico Actas do simposio Léxico e estandarización (2002. Santiago de Compostela)


Baixo a coordinación de María Álvarez de la Granja e Ernesto Xosé González Seoane e editado pola Sección de Lingua e o Instituto da Lingua Galega, este volume reúne as contribucións dos especialistas que participaron no Simposio Léxico e Estandarización en Galicia celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela.

Das diversas tarefas que implica a planificación do corpus dunha lingua minorizada, a codificación e estandarización do léxico é seguramente unha das máis complexas e problemáticas, e o galego é un exemplo abondo ilustrativo a este respecto. Tras varios anos de innegables avances neste eido, probablemente era chegado o momento de abrir un proceso de reflexión que permitise realizar un balance dos logros atinxidos e das tarefas pendentes.
Foi este o obxectivo que moveu á celebración do Simposio Léxico e estandarización en Galicia, celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela e no que numerosos especialistas foron convidados para expoñer as súas ideas sobre diversos aspectos relacionados coa estandarización do léxico. Este volume reúne as contribucións presentadas no Simposio, coas revisións e ampliacións que os autores consideraron necesarias para a edición dos textos.




Código QR para a descarga
A estandarización do léxico / María Álvarez de la Granja, Ernesto Xosé
González Seoane (editores). — Santiago de Compostela : Consello da
Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega, 2003. — 605 p. : 22 cm. —
(Colección Base. Serie Lingüística ; 2)
DL 2566/2003. — ISBN 84-95415-75-5
1. Lingua galega-Lexicografía. I. Álvarez de la Granja, María. II. González
Seoane, Ernesto Xosé. III. Consello da Cultura Galega. IV. Instituto
da Lingua Galega