consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

As TIC, redes e cultura


O seguinte documento de traballo analiza os principais indicadores relacionados coa sociedade da información, así como a evolución das tecnoloxías da información e a comunicación en Galicia. O estudo efectúase mediante un dobre enfoque. Por unha banda, preséntanse resultados que permiten coñecer o grao de equipamento de produtos TIC (televisión, telefonía fixa e móbil ou equipamento informático) nos fogares galegos e o nivel do uso do ordenador, de Internet ou do comercio electrónico. Nalgúns casos, establécense comparativas de evolución temporal e tamén con outras comunidades autónomas e co total do Estado. Esta información elabórase a partir da Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de Información y Comunicación en los Hogares, realizada anualmente polo Instituto Nacional de Estadística.

Por outra, e a través da enquisa feita pola Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), o informe aborda cuestións relacionadas co perfil do internauta galego e a evolución dos seus hábitos na utilización de Internet. O manexo das redes sociais, as páxinas web máis visitadas, o acceso, a creación de blogs ou, mesmo, as actividades máis frecuentes realizadas a través de Internet, entre outros aspectos, forman parte deste estudo, procedendo nalgúns casos a comparativas co comportamento doutros usuarios de Internet provenientes do resto das comunidades autónomas ou do total de España.


Código QR para a descarga