consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Xavier Bóveda. Belezas locais, bohemia e aventura emigrante


Xavier Bóveda foi emigrante, xornalista e escritor. Este libro, cun interesante e ameno estudio introductorio de Luís Martul, Carmen Luna e María Golán, recupera textos inéditos do astuto e hiperactivo escritor.

Este volume é resultado das actividades que na actualidade desenvolve o Grupo de Investigación de Literatura Hispanoamericana do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. A investigación na que se enmarca forma parte do proxecto “Escritores de orixe galega: a súa inserción nos sistemas literarios arxentino e cubano”, subvencionado pola Xunta de Galicia e que integran o seu director, Dr. Luís Martul, e as doutoras Carmen Luna e María Golán. Os obxectivos deste proxecto son dilucidar a significación de escritores de orixe galega nas literaturas nacionais nas que interviñeron e ver en que medida a súa incidencia foi ou non determinante neses sistemas literarios.


Código QR para a descarga
Belezas locais, bohemia e aventura emigrante : colectánea de textos
inéditos / Xavier Bóveda; estudio introductorio, Luís Martul, Carmen Luna,
María Golán. – Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega,
Sección de Cultura Galega no Exterior, Arquivo da Emigración Galega,
2002. – 306 p. ; 21 cm. – (Colección de peto)
DL C-2022-2002. – ISBN 84-95415-60-7
I. Martul, Luís. II. Luna, Carmen. III. Golán, María. IV. Consello da Cultura
Galega. Arquivo da Emigración Galega. V. Título