consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Dialectoloxía e léxico


Este volume, editado polos profesores Rosario Álvarez, Francisco Dubert García e Xulio Sousa Fernández, reúne os relatorios presentados no "Simposio Dialectoloxía e Léxico", celebrado durante a primavera de 2001 en Santiado de Compostela.

O estudio da variación dialectal foi sempre un terreo fértil nas investigacións de lingüística galega. Na última década as investigacións sobre as variantes xeográficas do galego víronse arrequentadas pola publicación dos tomos do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) correspondentes á morfoloxía verbal e nominal e á fonética. O léxico non puido terse en conta para a fixación de variedades porque non se dispoñía de materiais que fornecesen información ordenada e sistematizada sobre todo o territorio lingüístico. Coa intención de presentar diferentes propostas de traballo xurdidas do estudio do léxico desde unha perspectiva xeográfica e tamén co obxectivo de dar a coñece-las primeiras investigacións sobre dialectoloxía lexical elaboradas sobre o material do ALGa que nos próximos anos se verá publicado, presentamos este conxunto de contribucións nas que se aborda o estudio do léxico a partir de distintas perspectivas e con diferentes obxectivos.


Código QR para a descarga
Dialectoloxía e léxico / Rosario Álvarez, Francisco Dubert García, Xulio Sousa Fernández (editores).- Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega, 2002. – 429 p. : il; 22 cm. – (Colección Base)
DL C -2520-2002.-ISBN 84-95415-66-6
1.Lingua galega- Lexicografía. I. Álvarez, Rosario. II. Dubert García, Francisco. III Sousa Fernández, Xulio. IV. Consello da Cultura Galega. V. Instituto da Lingua Galega.