consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Galicia-Finlandia: modos de pensar: a cultura, o mundo, a comunicación Actas das Xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000


Coordinado por Margarita Ledo e Tapio Varis, este volume reúne as actas do "Congreso Galicia-Finlandia: modos de pensar", celebrado en novembro de 2000 en Santiago de Compostela.

Urxía avaliar certos dilemas, facelo dende dous países extremos onde a construcción da identidade ten as cicatrices de múltiples fendas, e nos que a producción cultural ten que ver con nós mesmos pero tamén co sentido do outro e coa necesidade de recoñecemento polo outro. Iso que en curto chamamos visibilidade.

Cumpría, dende o interior do mundo, Galicia ou Finlandia, entrenzar unha fórmula que permitise entrar no real dende calquera ámbito e abordar transversalmente tres grandes áreas de cultura: a arte, a teoría e os profesionais. A tecnoloxía, a música, o cine, a fotografía e a utopía son os alicerces do tratado nesta semana de novembro de 2000 e oxalá que o encontro estivese pleno de referencias para o que será o porvir como o estivo, dende a historia do cinema, a película Juha, onde Kaurismaki consegue axuntar, nunha escena e no noso imaxinario, a Buñuel e a Renoir.


Código QR para a descarga
Galicia-Finlandia: modos de pensar : a cultura, o mundo, a comunicación : actas das xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000 en Santiago de Compostela / directores,
Margarita Ledo Andión, Tapio Varis. –– Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega,
Sección de Comunicación, 2002. –– 235 p. ; 22 cm. –– (Colección Base)
D.L. PO-560-2002. –– ISBN 84-95415-64-X
1. Medios de comunicación social-Finlandia.
2. Medios de comunicación social-Galicia. I.
Ledo Andión, Margarita, dir. II. Varis, Tapio, dir. III. Consello da Cultura Galega. Sección de
Comunicación. IV. Título