consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Nos lindeiros da galeguidade. Estudo antropolóxico do val de Fornela (etnohistoria, etnomúsica, etnografía)


Xosé Manuel González Reboredo, Luís Costa Vázquez-Mariño, Clodio González Pérez son os autores desta publicación na que se recolle a etnohistoria, a etnomusicoloxía e a etnografía do val de Fornela, situado no punto de encontro lingüístico e cultural de Galicia, Asturias e O Bierzo.

O val de Fornela, situado en terras occidentais de León, preto de Galicia e de Asturias, é un lugar de encontro entre as formas culturais propias do oriente galaico e outras que podemos considerar plenamente leonesas. De aí que a Sección de Antropoloxía Cultural do C.C.G. considerase esta área como lugar apropiado para realizar un novo estudio monográfico dentro do proxecto Lindeiros da Galeguidade. Nas páxinas deste libro recóllense os resultados da investigación. Aspectos como a economía agraria, o comercio ambulante, as identidades e a relixiosidade, xunto con manifestacións diversas ou, nalgún caso, singulares, como as danzas fornelas e a cultura material da zona, debuxan un panorama no que se descobren peculiaridades e tamén afinidades coas formas culturais de Galicia.



Código QR para a descarga
González Reboredo, Xosé Manuel Nos lindeiros da galeguidade : estudio antropolóxico do val de Fornela : (etnohistoria, etnomusicoloxía, etnografía) / Xosé Manuel González Reboredo, Luis Costa Vázquez-Mariño, Clodio González Pérez. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Antropoloxía Cultural, 2002. — 694 p. : il. ; 22 cm. — (Colección Base) D.L.C. - 1837 - 2002 — ISBN 84-95415-56-9 1. Antropoloxía cultural e social-Fornela (Val) I. Costa Vázquez-Mariño, Luis. II. González Pérez, Clodio. III. Consello da Cultura Galega. Sección de Antropoloxía Cultural. IV. Título