consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

De América para a casa: correspondencia familiar de emigrantes galegos no Brasil, Venezuela e Uruguai (1916-1969)


A propia Clío enxergou teimosamente os destinos e vontades das persoas que foron recibindo as 156 cartas enviadas polos membros da familia González emigrados en América ós seus parentes de Carballedo (Lugo), para salvagardaren a memoria documental dunhas experiencias vividas a nivel individual e familiar que reflicten a maior epopea colectiva do pasado histórico da Galicia contemporánea. Serafín González Añel gardou con agarimo as cartas que remitiu o seu irmán Germán dende Montevideo á casa patrucial na parroquia de S. Mamede xunto con outras recibidas de parentes, veciños e do banco cando emigrou el a Inglaterra. E legoulle esta documentación a Mª Luz Jorge Fente, impresionado sen dúbida polas arelas de saber que alumean os ollos desta rapaza, que nos contou que na súa casa conservaba moitas cartas de parentes emigrados, cando exercemos a docencia no I.E.S. ‘Val do Asma’ de Chantada. Luz comezou a traer bulsas ateigadas de documentos apergamiñados nas semanas seguintes. Conseguiu que os seus compañeiros nos axudasen a examinalos nos recreos, e foron aparecendo así as cartas que agora editamos entre as compravendas de leiras, préstamos en metálico e recibos de pagamento dos trabucos. Mais a xenerosidade de Mª Luz e da súa familia non rematara aínda, e ofreceunos, tamén, as cartas remitidas dende Caracas e São Paulo por uns parentes (Arturo, Consuelo e Flora González Nóvoa) ós seus pais Felisa Nóvoa Ferreira e Arturo González Vázquez, quen emigrara tamén a Cuba sendo mozo dende San Salvador de Bubal.


Código QR para a descarga
De América para a casa : correspondencia familiar de emigrantes galegos no Brasil, Venezuela e Uruguai (1916- 1969) / edición crítica e introducción, Raúl Soutelo Vázquez. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2001. — 298 p. ; 24 cm D.L. . — ISBN 84-9545-38-0 1. Galegos-América-S.XX-Correspondencia. I. Soutelo Vázquez, Raúl. II. Título