consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

O exilio galego. Repertorio bibliográfico, unha primeira achega Congreso Internacional o Exilio Galego: do 24 ó 29 de setembro de 2001


Elaborado polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, esta base de datos contén relatos de vida de 2100 exiliados galegos da Guerra Civil española (1936-1939).

Este Repertorio bio-bibliográfico do Exilio Galego: Unha primeira achega, elaborado polo Arquivo da Emigración Galega, está concibido como unha ferramenta de traballo, plasmando a intención de confeccionar un censo con carácter totalizador, a pesar de que somos conscientes de que non figuran todos os nomes dos protagonistas do éxodo galego que se produciu dende 1936. Precisamente un dos obxectivos desta publicación é o de realizar un chamamento á colaboración de todos aqueles que, por seren protagonistas, testemuños directos do mesmo por vinculacións persoais ou familiares con exiliados ou por coñecementos de calquera tipo acerca do fenómeno, poidan aportar referencias para unha posterior ampliación desta primeira base de datos provisoria.

A base está composta por 2.141 rexistros que se corresponden con outros tantos nomes de exiliados, homes e mulleres, ordenados alfabeticamente. Internamente estructúrase en diferentes campos nos que constan: síntese de datos biográficos do exiliado/a; lugar xeográfico no que se exilia; profesión antes e despois do exilio; organizacións políticas ás que se vincula; nome do barco no que realiza a viaxe. Complementariamente, e nos casos pertinentes, existe outro campo no que figura a obra intelectual realizada no exilio. Por último, aparecen as referencias bibliográficas e se é o caso as fontes orais que foron utilizadas para extraer a información, así como as referencias fotográficas das que temos constancia. Finalmente, e só nos rexistros que conteñen menor cantidade de información, aparece un campo con comentarios de carácter complementario.



Código QR para a descarga
Edita: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
Santiago de Compostela, 2001
ISBN: 84-95415-42-9