consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

O Señor Abade do Ermo

Baixar publicación
/ 2001 /

TEMÁTICAS

AUTORÍA


Traducción da obra de George Russo, "Lord Abbot of the Wilderness. The life and times of Bishop Salvado". O libro é unha biografía de Frei Rosendo Salvado, un tudense que foi pioneiro na exploración de Australia, no estudio da súa fauna e flora e da súa cultura aborixe.

Nos 150 anos que pasaron desde a fundación de Australia Occidental, entre tódalas grandes figuras que destacaron na súa historia, cómpre salientar un nome: o do bispo Salvado, misioneiro benedictino que traballou cos aborixes e foi fundador do asentamento misioneiro de Nova Nursia. Polo tanto, desde hai moito tempo sentíase a necesidade de publicar unha biografía deste personaxe. Esta obra ofrece un retrato da persoa do padre Salvado: a súa vida, obxectivos, logros, desafíos e fondas dificultades polas que pasou e a súa capacidade de aguante e incansable perseveranza. Tamén presenta unha descripción detallada do traballo que desenvolveu a favor dos aborixes de Australia Occidental, os seus logros, puntos de vista e métodos, así como do fracaso final do seu soño.
Non foi ata a época contemporánea cando Australia recoñeceu os dereitos humanos e a dignidade dos negros. Esta é a historia dun home que foi o primeiro que tratou os aborixes como seres humanos e como suxeitos merecedores de tódolos dereitos.
Este libro foi empregado para moitos traballos de investigación en Australia e especialmente en Italia e España. A historia que relata ten moitas facetas, pero o verdadeiro protagonista é o nobre e sacrificado bispo Salvado.


Código QR para a descarga
George Russo, M.A. Ó The Polding Press Ó Consello da Cultura Galega
Seccións de Cultura Galega no Exterior. Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade.
Ilustración da Portada
Gravado de Nova Nursia (anaco), 1860
ISBN 84-95415-39-9
Depósito Legal C-1733-2001
Traducción Concepción Díaz-Fierros Tabernero
Maquetación Propongo, S.L.
Imprime Grupo Ibal