consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Obradoiro de redacción


A concepción deste proxecto nace do interese por atender as preocupacións de tratamento informativo e de redacción e estilo recollidas do colectivo xornalístico, non tanto por buscar conclusións e modelos definitivos como por reflexionar desde a experiencia sobre os presupostos teóricos coñecidos, e establecer un foro de debate lexitimado e competente.

Buscamos, desde unha actitude apriorística de humildade e modestia, debullar aquela materia de información que adquire na práctica diaria unha dimensión non sempre calculada desde razoamentos teóricos ou, simplemente, aínda que prevista, imposibilitada polas circunstancias. É unicamente o plano da praxe o que vai centrar o noso traballo.


Código QR para a descarga
Obradoiro de redacción / coordinadores, Xosé López, Paulino Novo.– Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Comunicación, 2000.– 168 p.; 24 cm D.L. .– ISBN 84-95415-24-0 1. Artigos xornalísticos. I. López, Xosé, coord. II. Novo, Paulino, coord. III. Consello da Cultura Galega. Sección de Comunicación.