consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Ocio e hábitos culturais (I)


Neste documento de traballo ofrécese a primeira entrega dun estudo sobre os hábitos culturais en Galicia. Neste caso analízanse resultados comparables co resto de comunidades autónomas de España.

A participación cultural foi investigada nas seguintes actividades culturais:

•Museos, galerías de arte, arquivos e monumentos.
•Lectura de libros e de publicacións periódicas e as bibliotecas.
•Artes escénicas e musicais.
•Teatro, ópera, zarzuela, ballet ou danza e circo.
•Música clásica e música actual.
•Sector audiovisual e novas tecnoloxías: cine, vídeo, televisión e radio, videoxogos, ordenador e Internet.
•Outras actividades relacionadas coa cultura ou co tempo libre.

As actividades relacionadas cos dereitos de propiedade intelectual foron tratadas nos ámbitos do libro, música, vídeo e software. Ofrece resultados segundo o lugar de residencia do individuo, por comunidade autónoma.

Este traballo céntrase principalmente nos indicadores de participación cultural en Galicia en perspectiva temporal con respecto ás anteriores enquisas e, nos casos que sexa oportuno, estableceranse comparacións co conxunto de España e coas demais comunidades autónomas.


Código QR para a descarga