consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Textos para a historia das mulleres en Galicia


Esta publicación, coordinada pola profesora María Xosé Rodríguez Galdo, é o resultado dun proxecto desenvolvido por un conxunto de investigadoras de distintos ámbitos (historia, economía, filoloxía, etc...) e dos campos da docencia universitaria e do ensino medio que tentaban cubrir o baleiro de publicacións específicas comprensivas de todos os períodos históricos.

A selección e estructuración de materiais documentais tan diversos que se achegan responde á preocupación de devolverles ás mulleres o lugar que lles corresponde na historia; unha historia da que foron esquecidas, cando máis da metade da humanidade está constituída precisamente por mulleres. Rescatalas da invisibilidade que as oculta, reivindica-lo papel da súa traxectoria vital na construcción da nosa historia colectiva como pobo diferenciado é o propósito que moveu á súa realización.


Código QR para a descarga
Textos para a historia das mulleres en Galicia / María Xosé Rodríguez Galdo, (coord.). — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico, 1999. — 606 p. : il ; 24 cm
DL C-26-1999. — ISBN 84-95415-04-6
1. Mulleres-Galicia-Historia. I. Rodríguez Galdo, María Xosé, coord. II.
Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico. III. Título.396 (460.11) (091)