consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Autopoética e poesías 1935 Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro


1991 foi o ano de Álvaro Cunqueiro. A Real Academia Galega decidiu adicar a esta data ó escritor de Mondoñedo. Con motivo desa celebración, o Consello da Cultura Galega decidiu realizar unha edición facsímile de inéditos e autógrafos de Álvaro Cunqueiro de 500 exemplares numerados.

A orixe destes autógrafos está en 1935, cando o Seminario de Estudos Galegos encargou a Filgueira Valverde a preparación dunha antoloxía da poesía galega con motivo do Centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Filgueira dirixiu as súas peticións a medio cento de poetas novos e vellos.

Cunqueiro respostou en marzo de 1936 cun feixe de poemas -oito autógrafos e un a máquina. Dous corresponden a unha estadía, como conferenciante, en Barcelona. Hai poemas en castelán, catalán e tamén galego. Algúns deles ían figurar como partes de obras futuras e outros foron publicados en revistas de poesía.


Código QR para a descarga