consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2009, dedicado a Ramón Piñeiro, o Consello da Cultura Galega editou un CD e un cartafol cos que se quere honrar a figura do que foi o primeiro presidente da institución.
O cartafol permite coñecer sete artigos e ensaios de Ramón Piñeiro sobre diferentes facetas da obra de Otero Pedrayo: lembranzas persoais, consideracións sobre a Xeneración Nós, a oratoria, a significación oteriana na cultura galega ou a súa especial relación con Santiago de Compostela. Os textos falan tamén da relación moi próxima que tiveron ambos os dous ao longo do tempo.
A publicación, que reproduce os retratos que Carlos Maside fixo de Piñeiro e Otero Pedrayo, e doce fotografías, incorpora tamén un CD coa gravación da conferencia “Otero Pedrayo na cultura galega”, pronunciada por Ramón Piñeiro en Ourense en 1976.


Código QR para a descarga
Ramón Otero Pedrayo, mestre da cultura galega / Ramón Piñeiro. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2009. — 88 p. : 20 cm + CD. — ISBN 978-84-96530-90-4. — D. L. C 4653-2008.