consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

A lingua das novas


O informe analiza a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter contribuído á impulsión e consolidación do proceso de normalización lingüística do galego –os medios de comunicación– e que, por diversas causas, continúa a ser practicamente monolingüe na actualidade.
O estudo é froito do traballo dun grupo de investigación que iniciou o estudo no ano 2002. Mediante o emprego de técnicas de investigación cuantitativas e cualitativas obtivéronse datos e análises non só dos hábitos lingüísticos dos medios de comunicación impresos e audiovisuais na Galicia actual senón, ademais, das actitudes e reflexións dos seus protagonistas –xornalistas e directores de medios de comunicación– e outros analistas da situación –lingüistas, sociólogos, economistas, filósofos... Pretendíase non só coñecer a lingua actual dos medios de comunicación, senón tamén as causas e consecuencias de que outra realidade posible non exista.


Código QR para a descarga
A lingua das novas / coordinadores Miguel Túñez López e Xosé López García. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2009. — Ed. en CD. — (Documentos e informes ; 11). — ISBN 978-84-96530-83-6. — D.L. C-36-2009