consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia


Este traballo ten como obxecto de estudo a presenza da lingua galega nos medios de comunicación de Galicia e da diáspora galega. No ano 2000 o Consello da Cultura Galega decidiu abordar un proxecto de avaliación das políticas lingüísticas galegas durante o período autonómico, dirixido por Henrique Monteagudo e o recentemente desaparecido Xan Bouzada. Daquela frutífera colaboración xurdiron tres volumes dentro do que se deu en chamar O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). O presente traballo completa as publicacións do proxecto, aínda que o período estudado é máis amplo. Os resultados pretenden introducir claridade nun espazo que foi tradicionalmente moi polémico para a militancia lingüística, os responsables políticos, así como para os produtores, editores, profesionais e, en xeral, para todo os actores do ámbito.

Código QR para a descarga
Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia / Anxo M. Lorenzo Suárez, Fernando Ramallo, Håkan Casares
Berg. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2008. — 300 p. ; 23 cm. — (Colección Base) D.L. C 4734-2008. — ISBN 978-84-96530-52-2 1. Medios de comunicación social-Galicia. 2. Sociolingüística- Galicia. I. Ramallo Fernández, Fernando. II. Casares Berg, Håkan. III. Consello da Cultura Galega