consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

O sistema produtivo da cultura en Galicia, unha visión económica


Conscientes do protagonismo que as industrias culturais están acadando no desenvolvemento das economías dos países europeos, así como do crecente interese que o enfoque económico da cultura suscita en estudosos e axentes do sector, o Consello da Cultura Galega considerou oportuno realizar, a través do seu Observatorio da Cultura Galega, unha análise descritiva sobre o ámbito do sistema produtivo da cultura en Galicia. Hai que dicir que este ámbito estaba marcado, ata a publicación deste informe, pola absoluta seca informativa e analítica.

Con este informe pretendemos amosar diferentes aspectos da armazón do sistema produtivo empresarial da cultura galega: as actividades que o compoñen, a súa distribución territorial, a súa contribución á riqueza e á creación de postos de traballo, así como outras particularidades relacionadas co investimento, financiamento, rendibilidade ou gasto, entre outros. Ningún aspecto fundamental dos que conforman o sistema produtivo da cultura en Galicia ficou fóra da nosa análise.


Código QR para a descarga
O sistema produtivo da Cultura en Galicia, unha visión económica / Observatorio da Cultura Galega ; [coordinador, Håkan Casares Berg]. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2010. — 105 p. ; 28 cm. — (Documentos e informes ; 13) D.L…….. . — ISBN 978-84-92923-03-8 1. Galicia-Política cultural. 1. Casares Berg, Håkan. II. Título