consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Galicia na sociedade do coñecemento


Este volume pretende analizar cunha ollada global a presenza de Galicia na sociedade do coñecemento, facéndoo desde diferentes e complementarios puntos de vista, consonte a complexidade desta nova sociedade-rede. É por iso polo que se inclúen tanto achegas de sociólogos, como de enxeñeiros, economistas e expertos en medios de comunicación. O volume comeza coa presentación e discusión dos problemas de carácter máis xeral, para logo dar paso a unha avaliación polo miúdo da situación actual de Galicia, analizando as súas feblezas e vantaxes fronte ás novas realidades e retos que a sociedade do coñecemento acubilla.

Código QR para a descarga
Galicia na Sociedade do Coñecemento / Domingo Docampo, Xosé Carlos Arias, coordinadores. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2009. — 166 p. ; 24 cm. — (Ensaio & Investigación) D.L. C 0000 2009. — ISBN 978-84-96530-81-2 1. Tecnoloxía da información-Galicia. I. Docampo, Domingo, coord. II. Arias, Xosé Carlos, coord. III. Consello da Cultura Galega Edita