consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Amor Ruibal Filólogo Actas do Simposio Internacional sobre a Obra Filolóxico -Lingüística de Angel Amor Ruibal


Logo dun esquecemento tan prolongado como inxusto, a obra filolóxicolingüística de Ángel Amor Ruibal (1869-1930) comeza a recibir toda a atención de que é merecente e atopa por fin o que antes non tivera a sorte de encontrar: lectores dispostos a ver nela a suma e o cumio dun século enteiro de investigación glotolóxica e a exhumar nas súas páxinas as ocultas sementes de futuro que no seu día, por desgraza, non deron xermolado. Malia todas as súas tachas e limitacións, das que os autores son ben conscientes, os traballos recollidos neste volume poñen os alicerces da necesaria recuperación do Amor Ruibal estudoso da linguaxe e das linguas, ata agora eclipsado polo filósofo, o teólogo e o canonista.

Código QR para a descarga
Amor Ruibal Filólogo : Actas do Simposio Internacional sobre a Obra Filolóxico-Lingüística de Angel Amor Ruibal [1869-1930] celebrado en Santiago de Compostela do 15 ao 17 de decembro de 2005 / coordinadores Andrés Torres Queiruga, Antonio Domínguez Rey e Pablo Cano López. –– Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2009. –– 428 p. ; 23 cm. –– (Colección Base) D.L. PO 377-2009. –– ISBN 978-84-96530-94-2 1. Amor Ruibal, Ángel (1869-1930) - Crítica e interpretación - Congresos e asembleas. I. Torres Queiruga, Andrés. II. Domínguez Rey, Antonio. III. Cano López, Pablo. IV. Consello da Cultura Galega. V. Título