consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Documentos da Catedral de Lugo. Século XIV (V. I)


A recuperación dos textos en galego de inicios do século XIX non é unha tarefa nova. Diversos traballos dados ao prelo en distintas épocas (moitos dos cales editan ou reeditan escritos daquel período) achegáronse á cuestión da escrita en galego do século XIX previa ao Rexurdimento. A principal contribución do presente estudo é a edición nun volume conxunto de todos os textos achados ata o momento e tamén a vontade de analizar aquel fenómeno desde o punto de vista histórico, xornalístico, lingüístico e literario. O estudo dos textos permitirá aos investigadores tirar conclusións non só sobre a traxectoria dos seus autores senón tamén sobre a súa época, a sociedade galega coetánea, os debates ideolóxicos que se acenderon, a diversidade interna da lingua galega (non só dialectal, senón tamén social e estilística) ou as modalidades da comunicación pública na aurora da Galicia contemporánea.



Código QR para a descarga
Papés d’emprenta condenada : a escrita galega entre 1797 e 1846. I / edición de textos, fichas introdutorias e notas de Ramón Mariño Paz ; notas histórico-biográficas de X. R. Barreiro Fernández ; coordinadora da edición, Rosa Aneiros Díaz. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2008. — 654 p. : il. ; 23 cm. — (Colección Base) D.L. C 2956-2008. — ISBN 978-84-96530-70-6 (v.I). ISBN 978-84-96530-69-0 (Obra completa). 1. Prensa-Galicia-S. XVIII-XIX. I. Mariño Paz, Ramón. II. Barreiro Fernández, X.R. III. Aneiros Díaz, Rosa. IV. Consello da Cultura Galega