consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia


Presentar de forma ordenada e comprensiva os coñecementos actuais sobre o clima galego, desde a saída da última glaciación ata os nosos días e engadir a esta historia do clima galego algunhas reflexións sobre a historiografía do clima son os dous grandes obxectivos desta publicación.

A historia da meteoroloxía e climatoloxía galegas que presenta o Consello da Cultura Galega está dividida en dúas grandes partes. A primeira delas inclúe tres apartados: un primeiro, e fundamental, en que se describen as principais etapas do desenvolvemento destas ciencias en Galicia, enmarcadas, para a súa máis correcta e doada interpretación, no imprescindible contexto histórico mundial e español; un segundo, en que se ofrece unha pequena historia dos primeiros observatorios, que foron esas unidades funcionais fornecedoras dos datos meteorolóxicos, esas pezas imprescindibles para o desenvolvemento destas actividades; e, finalmente, un apartado complementario no que se recollen algúns exemplos do instrumental utilizado nos observatorios.

A segunda parte desta historia da meteoroloxía e climatoloxía galegas trata sobre a historia do clima en Galicia, que se considerou de interese e pertinente para a súa inclusión neste volume porque era o resultado máis tanxible desas actividades que na primeira parte se describían e porque o propio clima ten tamén unha historia particular que axudaría a completar esa dimensión temporal tan necesaria para eses momentos de reflexión dos que tan debedora é a ciencia contemporánea.


Código QR para a descarga
Historia da metereoloxía e da climatoloxía de Galicia / coordinador, Francisco Díaz-Fierros Viqueira. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2008. — 209 p. : il. col. ; 28 cm + 1 CD. D.L. C 3717-2008. — ISBN 978-84-96530-72-0. 1. Metereoloxía-Historia. 2. Climatoloxía-Galicia. I.Díaz-Fierros Viqueira, Francisco. II. Consello da Cultura Galega.