consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Ocio e hábitos culturais dos galegos


A través deste informe preténdese dar un paso máis no coñecemento do comportamento cultural dos galegos, das súas preferencias, dos seus costumes e hábitos, a través de cuestións referenciais como a asistencia a espectáculos e eventos culturais, o consumo de medios de comunicación, a lectura ou a práctica deportiva.

Realizado polo Observatorio da Cultura Galega, este estudo é froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Instituto Galego de Estatística co fin de analizar os datos recollidos no módulo específico de ‘Ocio e hábitos culturais 2006’, incluído na Enquisa de condicións de vida das familias, unha macroenquisa anual dirixida aos fogares galegos, co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas.


Código QR para a descarga
Ocio e hábitos culturais dos galegos / Observatorio da Cultura Galega. — Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008. — 452 p. ; 28 cm. — (Documentos e Informes ; 9) D.L. C 4754-2008. — ISBN 978-84-96530-82-9 -1. Galicia-Vida cultural-Informes. 2. Galicia-Política cultural. I. Título. II. Serie: Documentos e Informes.