consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Anuario de estatísticas culturais 2007


O Anuario de estatísticas culturais constitúe o resumo da principal actividade estatística cultural para o ano 2007, recollendo as principais magnitudes estatísticas sobre o sector cultural en Galicia procedentes das diferentes fontes de información dispoñibles.

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Consellería de Cultura e Deportes e co Instituto Galego de Estatística promove a análise sistemática e empírica da realidade cultural, plasmada na produción do Observatorio da Cultura Galega.

Este anuario baséase nunha actividade estatística de síntese que compila os diferentes datos existentes sobre o sector cultural para o caso galego, estruturándoos de xeito que poidan ser comprensibles e útiles para os diferentes actores do sistema cultural e para o conxunto da sociedade galega en xeral.

O obxectivo central é fornecer unha base de coñecemento cuantitativo sobre a situación do sector cultural en Galicia, de maneira que permita dispor dun panorama xeral sobre o sector cultural no ano 2007; coñecer a evolución das principais variables nos últimos anos; e posibilitar a comparabilidade territorial (especialmente cos datos referidos ao conxunto de España, outras comunidades autónomas e Europa).


Código QR para a descarga
Anuario de estatísticas culturais 2007 / Observatorio da Cultura Galega. — Santiago de Compostela
: Consello da Cultura Galega, 2008. — 370 p. ; 28 cm. — (Documentos e Informes ; 10)
D.L. C 4757-2008. — ISBN 978-84-96530-84-3
1. Galicia-Cultura-Estatísticas. I. Consello da Cultura Galega. II. Serie: Documentos e Informes.