consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Cidade da Cultura. Biblioteca e Arquivo Nacional de Galicia (Documentos e informes, 3)


Presentamos nesta segunda entrega da colección Documentos e Informes os resultados do traballo realizado por dúas comisións, constituídas ad hoc no seo do Consello da Cultura Galega, para facer propostas concretas sobre os contidos de dous dos grandes edificios do complexo da Cidade da Cultura. O primeiro informe refírese á Biblioteca e Hemeroteca, cunha addenda sobre a dixitalización de fondos bibliográficos para esta, e o segundo ao Arquivo Nacional de Galicia.

Ambos documentos foron elaborados no Consello na súa condición de institución de alto asesoramento de Galicia e a pedimento da Consellaría de Cultura e Deporte, departamento responsable da xestión da Cidade da Cultura, á que foron entregados xa no seu día, unha vez aprobados polo Plenario do Consello. Se agora se dan ao prelo é para contribuír a difundir materiais que, de forma positiva e construtiva, contribúan ao mellor deseño futuro dos contidos que definirán a Cidade da Cultura.


Código QR para a descarga
Consello da Cultura Galega Cidade da Cultura : Biblioteca e Arquivo Nacional de Galicia / [Consello da Cultura Galega]. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2007. — 55 p. ; 28 cm. — (Documentos e informes ; 3) D.L. C-3954-2007 . — ISBN 978-84-96530-41-6 1. Cidade da Cultura de Galicia-Informes. 2. Biblioteca de Galicia-Informes. 3. Arquivo de Galicia-Informes. I. Serie: Documentos e informes.