consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Anuario de Estatísticas Culturais 2006


O Anuario de Estatísticas Culturais é un proxecto pioneiro no país, que trata de compilar unha gran cantidade de datos e estatísticas sobre o sector cultural en Galicia.

O obxectivo central é fornecer unha base de coñecemento cuantitativo sobre a situación do sector cultural en Galicia, de maneira que permita dispor dun panorama xeral sobre o sector cultural anualmente, coñecer a evolución das principais variables e posibilitar a comparabilidade territorial (especialmente cos datos referidos ao conxunto de España ou de outras comunidades autónomas).

O presente informe vai ser o primeiro dunha serie que disporá de periocidade anual; neste sentido, outro obxectivo implícito é servir como base comparativa para coñecer a evolución da dinámica cultural galega en anos posteriores. Os Anuarios deberán permitir, en certa medida, a análise e seguimento do sistema cultural galego.
O conxunto do Informe está constituído por estatísticas descritivas, así como por indicadores estandarizados que nos permiten ponderar a información estatística e facilitar a súa comparabilidade.

O anuario está organizado en 2 grandes bloques: un recolle as dimensións transversais que se analizan de forma agregada (gasto público en cultura, emprego cultural, educación, etc.); e outro coincide coas áreas dos subsectores culturais (patrimonio, arquivos, artes visuais, etc.).



Código QR para a descarga
Anuario de Estatísticas Culturais 2006 / Observatorio da Cultura Galega.- Santiago de
Compostela : Consello da Cultura Galega,
2008.- 395 p.; 28 cm.- (Documentos e Informes; 5) D.L. C 973-2008.- ISBN: 978-84-96530-53-9 I. Galicia-Cultura-Estatísticas. II. Consello da Cultura Galega. III. Serie: Documentos e Informes.