consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org

Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media


Nesta obra reúnese unha selección de traballos tendentes a clarificar as condicións da emerxencia da lingua galega nos textos escritos na Idade Media.

Os enfoques son interdisciplinares, pois fanse non só desde a lingüística, senón tamén desde outras órbitas necesarias, como a historia, a paleografía e as condicións culturais. Ademais, están enmarcados no contexto da Península Ibérica, polo que se ten en conta tamén a situación dos outros romances peninsulares, pois o ocorrido en Galicia non foi un feito illado, senón que tivo as súas raíces no seu contorno europeo. A panorámica global vese completada por estudos particulares sobre diversos aspectos da situación galega.




Código QR para a descarga
Na nosa lyngoage galega : a emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media / Ana Isabel Boullón Agrelo (editora).- Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega : Instituto da Lingua Galega, 2007.- 673 p.; 22 cm.- (Colección Base. Serie Lingüística; 5) D.L. C -2007.- ISBN: 978-84-96530-44-7 1. Lingua galega-Antes de 1500. 2. Latín medieval e moderno (Lingua). 3. Linguas románicas-Ibérica, Península (España e Portugal)-Antes de 1500. I. Boullón Agrelo, Ana Isabel. II. Consello da Cultura Galega, ed. III. Instituto da Lingua Galega, ed.