consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Alberto Ruiz de Samaniego no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
ciclo | 19 de abril de 2007, ás 17:00
Información
O profesor de Estética e crítico de Arte, Alberto Ruiz de Samaniego, reflexionou nunha ollada aberta sobre os diversos referentes e relacións que rodean a arte contemporánea.

“Unha obra de arte é aquela capaz de afrontar un perigo”, dixo Rilke de Rodin. O que a miúdo parece esquecerse hoxe en día é que a verdade dunha obra de arte debe interpretarse e valorarse segundo as forzas ou o poder que a determinan a existir, e que conducen a realizar unha cousa no lugar de outra. Rober Musil determina que unha das características básicas do artista é o olfacto do posible. Isto podería entenderse como o modo en que é capaz de rastrexar dentro do habitual o multiparamétrico é complexo, a súa competencia para plantear outras posibilidades, conexións e viaxes dentro do mapa cognitivo. Por iso, cando se nos fala da obra de arte en abstracto, ou do artístico tal como é en si, ou para si, sempre debemos preguntar qué forzas se ocultan no pensamento da obra, ou sexa: cál é o seu sentido e cál é o seu valor para un suxeito ou para unha comunidade dada. Un debe, pois, enfrontarse coa complexidade da peza de modo que esta sexa capaz de religarse cos contidos múltiples da referencia vital. Entón, significaría xerar órganos de percepción que iluminaran novos campos sensacionais do real, que nos permitiran, de modo experimental, extraer probas de novas conexións, símbolos e relatos. Ao artista háiselle de esixir, polo tanto, a creación de novas posibilidades de vida.




Ficha técnica
Coordinación
» Ramón Máiz Suárez
Presenta
» Ramón Villares
Relator/a
» Alberto Ruíz de Samaniego
Lugar de celebración
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela