consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Xénero e documentación
xornada | Do 21 ao 22 de xuño de 2007
Información
O enfoque de xénero aglutina unha parte importante das investigacións actuais e constitúe a base sobre a que as institucións elaboran programas e medidas para corrixir as desigualdades entre sexos. Consciente disto, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propón ás persoas vinculadas a bibliotecas e centros de documentación un achegamento ao tratamento da información desde a perspectiva de xénero. As xornadas Xénero e Documentación están dirixidas ao persoal que traballa en centros documentais (bibliotecas, arquivos e centros de documentación) e ao estudantado ou tituladas/os nos ámbitos de Biblioteconomía, Documentación e Humanidades na perspectiva de xénero.

Ligazón coa información derivada das xornadas: xénero e documentación