consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


XII Xornadas Mar por Medio
xornada | Do 11 ao 13 de agosto de 2004, en Ribadeo.
Información
Do 11 ao 13 de agosto de 2004 celebráronse, en Ribadeo, estas xornadas organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Ribadeo e a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, cuxo director é o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé López, que foi o auténtico animador do evento, na súa calidade de director do curso.
O programa foi ambicioso, en el interviñeron, en distintos ámbitos da comunicación, distinguidos profesores españois. As xornadas caracterízanse pola calidade das achegas, unha boa parte das cales deron lugar a posteriores debates moi animados. Neste caso foi a duodécima edición, o cal significa que tiveron un claro arraigo, e debe destacarse, ademais da predisposición cultural e intelectual do Concello de Ribadeo, a proxección moi positiva que ten en Galicia, no terreo cultural, o Consello da Cultura Galega.


Ficha técnica
Lugar de celebración