consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade
foros | Do 19 ao 20 de xuño de 2008
Información
O foro de debate, que se celebrou no Consello da Cultura Galega os días 19 e 20 de xuño, analizou a situación actual e as perspectivas do idioma galego nun contexto global. Para isto contou coa participación de 18 expertos de dez universidades europeas. O obxectivo do foro foi ofrecerse como ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do idioma galego, no marco dunha reflexión de horizonte alongado sobre as condicións da sustentabilidade da diversidade lingüística no mundo contemporáneo e dun debate sobre as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües. Por tanto, a problemática do galego foi considerada, desde unha perspectiva ecolingüística, en varias dimensións: no escenario global da mundialización, no espazo europeo de diversidade lingüística, no marco do multilingüismo español, nas condicións concretas da sociedade galega, e na perspectiva da súa relación especial co ámbito luso-brasileiro.
A perspectiva global da diversidade lingüistica
Data de celebración: 2008-06-19 00:00:00

María Pilar García Carme Junyent
Relatora: - Carme Junyent Universidade de Barcelona Retrucantes: - Pilar García Negro Universidade da Coruña - Ana Iglesias Universidade de Vigo
A glotopolítica de Galicia
Data de celebración: 2008-06-19 00:00:00

Jaine Beswick Alba Nogueira Xaime Subiela
Relator: - Xaime Subiela Consellería de Cultura da Xunta de Galicia Retrucantes: - Alba Nogueira Universidade de Santiago - Jaine Beswick Universidade de Southampton
A política lingüística do estado
Data de celebración: 2008-06-19 00:00:00

Emili Boix Fernando Ramallo
Relator: - Emili Boix Universidade de Barcelona Retrucante: - Fernando Ramallo Universidade de Vigo
A sociolingüística en Galicia
Data de celebración: 2008-06-20 00:00:00

Johannes Kabatek M. Lorenzo Gabriel Rei-Doval
Relator: - Anxo Lorenzo Universidade de Vigo Retrucantes: - Johannes Kabatek Universidade de Tubinga - Gabriel Rei Doval Universidade de Wisconsin
Diversidade lingüística en Europa
Data de celebración: 2008-06-20 00:00:00

Francisco Xavier Alcalá François Grin Dónall Ó Riagáin
Relator: - Dónall Ó Riagáin Consultor independente Retrucantes: - François Grin Universidade de Xenebra - Xavier Alcalá Oficina de Programas Internacionais de I+D
Galicia no espazo cultural e simbólico da lusofonía
Data de celebración: 2008-06-20 00:00:00

Rosario Álvarez Ivo Castro Elías J. Torres
Relator: - Ivo Castro Universidade de Lisboa Retrucantes: - Elías Torres Universidade de Santiago - Rosario Álvarez Universidade de Santiago
Ficha técnica
Lugar de celebración