Ano María Mariño: un balance

Mesa redonda.

Ano María Mariño: un balance

12 de decembro de 2007, ás 16:30
Santiago de Compostela
Mesa redonda

Ano María Mariño: un balance

12 de decembro de 2007, ás 16:30 Santiago de Compostela

Para que serviu o ano de María Mariño? Remocicaron as Letras nas sombras do Courel e da autoría? Que fica tras os pasos á procura do mundo dos furados? É Noia distinta?



Crebar a lingua, tensar o idioma, abríronse os portóns? Que vento escoitamos agora na fosa de altura? Cóase Palabra no tempo e Verba que comenza polas fendas do canon? Independizouse María Mariño dos adxectivos? Lémola? Lerémola outra? Doce meses despois, que sabemos?, que queremos saber? A piques de rematar o Ano de María Mariño a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propón un encontro para o debate e a análise, tamén para a celebración, porque as Letras viven máis aló do dezasete. A escolla de María Mariño como escritora central do Día das Letras do ano 2007 abriu os portóns a unha obra e a unha autora que resistiu silenciosa e escura nas marxes do canon literario e dos andeis. A decisión da Real Academia Galega abría as fiestras e as portas dunha casa case clausurada. Un ano despois cómpre ver se realmente entrou o aire, se se iluminou a estancia, se podemos entrar e entramos na casa literaria de María Mariño. Non se trata de recompor o crebacabezas senón de entender as súas pezas e as súas crebas.

Ficha técnica 
Mesa redonda.
Ano María Mariño: un balance
Cando
12 de decembro de 2007, ás 16:30
Onde
Santiago de Compostela
Coordinación
Modera
Rosario Álvarez
Participante
Carmen Blanco
Yolanda Castaño
María do Cebreiro Rábade
María Pilar García Negro
Lupe Gómez
Helena González Fernández
María Lado
Esperanza Mariño Dávila