consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Xohana Torres. A dona dos mapas
xornada | 29 de outubro de 2009
Información
Considerada como un dos nomes máis relevantes da literatura galega contemporánea e autora dun verso convertido en divisa da reivindicación feminista, “EU TAMÉN NAVEGAR”, a figura de Xohana Torres tende a ser recoñecida só no ámbito poético e narrativo, existindo porén un gran descoñecemento sobre outros traballos literarios e culturais da escritora que cumpría pór de relevo. A xornada “Xohana Torres. A dona dos mapas”, celebrada o día 29 de outubro de 2009 nas dependencias do CCG, propiciou novos enfoques arredor da súa obra poética, narrativa, teatral, investigadora, xornalística e no ámbito da literatura infantil e xuvenil, permitindo así resituar e documentar a súa relevancia creativa no contexto cultural desde os anos 50 até a actualidade.
Clandestina abordaxe, onda que rompe
Data de celebración: 2009-10-29 00:00:00






























Pechouse a xornada cun recital poético enmarcado no verso que deu titulo a sesión e que foi suxerido como diálogo ás poetas participantes unidas todas pola súa relación con Xohana Torres
Peche das xornadas: Xohana Torres, A dona dos mapas
Data de celebración: 2009-10-29 00:00:00



Presentacion da xornada Xohana Torres. A Dona dos Mapas
Data de celebración: 2009-10-29 10:00:00

María Xosé Agra Xosé Henrique Monteagudo


Henrique Monteagudo Romero e María Xosé Agra Romero presentan unha xornada que se divide en tres sesións: científica, de documentación e memoria, e literaria.
A nai navegante
Data de celebración: 2009-10-29 10:30:00
































Para propiciar novos enfoques arredor da obra de Xohana Torres en ámbitos como o poético, narrativo, teatral, e na literatura infantil e xuvenil, a xornada abriuse cunha sesión científica na que catro estudosas da súa obra presentaron novas achegas arredor dos parámetros xénero e nación na súa obra dramática, paisaxe e natureza na obra poética, o seu labor en tanto que precursora na literatura infantil e xuvenil e unha outra lectura da novela Adios María. Como pórtico a sesión científica abriuna a profesora Carmen Blanco cunha conferencia marco sobre a figura de Xohana Torres.
"Resumo do discurso inaugural: A nai navegante". Carmen Blanco (documento)
"Resumo do relatorio: Entre sedentarismo ancestral e nomadismo mareiro: a paisaxe profunda de Xohana Torres". Olga Novo (documento)
"Resumo do relatorio: Muller contra a marea. Xohana Torres precusora da literatura infantil galega". Montserrat Pena (documento)
"Resumo do relatorio: Lectura Comparada de Adiós María". Helena González (documento)
Presentación dos relatorios e debates
Data de celebración: 2009-10-29 12:00:00



Proxectar a matria: nación e xénero no teatro de Xohana Torres
Data de celebración: 2009-10-29 12:30:00



"Resumo do relatorio: Proxectar a matria: nación e xénero no teatro de Xohana Torres". Iolanda Ogando (documento)
Xohana Torres no Álbum de mulleres
Data de celebración: 2009-10-29 17:00:00
















Presentación dunha ampla compilación da documentación recollida na cartografía dedicada á escritora
Xohana Torres, do Teatro Estudio de Ferrol á radio en La Voz de Vigo
Data de celebración: 2009-10-29 17:30:00



Ficha técnica
Coordinación
» Helena González Fernández
» Ana Romaní
Participante
» María Xosé Agra Romero
» Xoán Bernárdez
» Carmen Blanco García
» María do Cebreiro Rábade
» Lupe Gómez
» Mariam Mariño Costales
» Olga Novo
» Iolanda Ogando
» Chus Pato
» Montse Pena
» Ana Pérez Landeira
» María Xosé Queizán
» Lara Rozados
» Dolores Vilavedra
» Ramón Villares
Colabora
» Centre Dona i Literatura
» Universitat de Barcelona
Participantes
»
»
»
»
Lugar de celebración
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2ºandar
Praza do Obradoiro
15705 Santiago de Compostela
Tel. 981 957 202
Fax. 981 957 205