Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia. Análise da situación sociolingüística actual.

Seminario. Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia

Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia. Análise da situación sociolingüística actual.

4 sesións: 1 de decembro de 2009; 16 de marzo, 4 de maio e 29 de xuño de 2010.
Seminario
Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia

Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia. Análise da situación sociolingüística actual.

4 sesións: 1 de decembro de 2009; 16 de marzo, 4 de maio e 29 de xuño de 2010.
A amplitude e intensidade que están adquirindo os debates sobre a lingua en Galicia, e moi particularmente a súa relevancia política, levounos a considerar a necesidade dun foro de reflexión sobre a situación sociolingüística de Galicia, a súa evolución recente e as fórmulas desexables para o futuro, tendo en conta o marco estatal español e o ámbito lusobrasileiro, cos que sen dúbida mantemos unha estreita relación.

O seminario desenvolverase en catro sesións, ao longo dos meses de decembro de 2009 a xuño de 2010, e cada unha delas xirará arredor de varios temas monográficos. Na primeira, que terá lugar en decembro de 2009, analizarase a situación sociolingüística actual. A segunda sesión, en marzo de 2010, xirará arredor dos modelos posibles de oficialidade e mais da regulación lingüística no sistema educativo. En maio de 2010 haberá unha terceira sesión, na que se reflexionará sobre a situación sociolingüística nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico. O seminario pecharase cunha cuarta sesión, en xuño de 2010, na que se debaterá sobre os modelos de convivencia para o futuro e se recollerán as principais conclusións das catro sesións.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Ficha técnica 
Seminario.
Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia
Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia. Análise da situación sociolingüística actual.
Cando
4 sesións: 1 de decembro de 2009; 16 de marzo, 4 de maio e 29 de xuño de 2010.
Enderezo

Consello da Cultura Galega

Colabora
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)