consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Arte + Espazo público
xornada | Conformado por 7 sesións, distribuídas de abril a decembro de 2009
Información
A relación que se establece entre arte e espazo público é unha das cuestións máis importantes da creación contemporánea. A súa conexión e vinculación directa cos estratos políticos e sociais, así como urbanísticos e económicos, seguen a presentar unha ampla e complexa posición de conflito que precisa constantemente de novas estratexias de análise. Despois da edición do informe A arte nos espazos públicos, realizado polo Consello da Cultura Galega no ano 2000, viamos necesario realizar unha contextualización e debate desta problemática, xa que tanto as numerosas investigacións, experiencias e programas de arte pública, como as novas orientacións de tendencias da creación actual cara ao territorio, converten en necesaria a súa discusión nun proceso aberto de actualización e estudo.

Desde esta perspectiva preséntase o proxecto Arte + espazo público, unhas xornadas de traballo que temos a intención de realizar sucesivamente ao longo deste ano 2009, cun programa mensual que consta dunha conferencia e unha posterior mesa de debate, xerando unha expectativa de continuidade do proxecto e potenciando a construción procesual da súa análise. Nestas xornadas pretendemos establecer unha visión ampla e pluriperspectiva dos aspectos derivados do diálogo entre arte e espazo público, para ofrecer un lugar de debate —o Consello da Cultura Galega— onde confrontar diversas opinións dos diferentes axentes implicados, desde responsables de programas, da historia da arte, da crítica, do comisariado, do urbanismo ou da xeografía, ata o público cidadán.
Arte + espazo público: Planificar a cidade
Data de celebración: 2009-06-30 00:00:00
FRANCESC MUÑOZ PROFESOR DE XEOGRAFÍA URBANA NA UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE BARCELONA E DIRECTOR DO OBSERVATORIO DA URBANIZACIÓN
"Relatorio: Urbanalización: Paisaxes in vitro, paisaxes en folga". (documento)
Arte + espazo público: Activar a cidade
Data de celebración: 2009-09-24 00:00:00
NELSON BRISSAC FILÓSOFO E ORGANIZADOR DO PROXECTO ARTE/CIDADE (SÃO PAULO) Nelson Brissac é organizador e comisario do proxecto Arte/Cidade, sobre o cal falará na conferencia. Trátase dunha actividade que se realiza en São Paulo, Brasil, desde 1994, co obxectivo de intervir artísticamente na cidade. Ata o momento tivo catro edicións: a primeira presentouse nun matadoiro desactivado, na zona sur da cidade; a segunda, no centro, en tres edificios e a área que os rodea, atravesada por un viaduto; a teceira, ao longo dun ramal ferroviario, na zona oeste, e a última nunha antiga zona industrial que ocupa aproximadamente 10 quilómetros cadrados no este da cidade. Nelson Brissac Nelson Brissac é filósofo, traballando en cuestións relativas á arte e ao urbanismo. É organizador e comisario de Arte/Cidade, un proxecto de invervencións urbanas en São Paulo, desde 1994. É autor das seguintes publicacións: A sedução da barbárie, Brasiliense, 1982; Cenários em ruínas, Brasiliense, 1987. América, Companhia das Letras, 1989; Paisagens Urbanas, Ed. Senac, 1996; Brasmitte, catálogo, 1997;Arte/Cidade – Intervenções Urbanas, Ed. Senac, 2002 e Paisagens Críticas – Robert Smithson: arte, ciência e indústria, Ed. Senac / Educ, no prelo . Dedícase tamén a investigar sobre as dinámicas territoriais na rexión sudeste do Brasil e as relacións entre arte e industria.
"Currículum de Nelson Brissac: Activar a cidade". (documento)
Arte + espazo público: Sinalizar a cidade
Data de celebración: 2009-10-21 00:00:00
ROGELIO LÓPEZ CUENCA ARTISTA VISUAL Ante as transformacións formais e funcionais que nas últimas décadas veñen sufrindo as cidades —radicalización do modelo de división de zonas de usos específicos, raquitización dos espazos de uso público, terceirización das actividades económicas urbanas, crecente asimilación dos cascos históricos ao modelo do “shopping mall”— é necesario repensar o papel das prácticas artísticas no seu interior. Na súa intervención Rogelio López Cuenca analizará a evolución do rol desempeñado pola arte pública —desde o monumento tradicional ás espectaculares arquitectoras “de autor” ou os eventos e intervencións artísticas temporais— en medio da constrición da experiencia urbana ao tránsito e o consumo, e o seu sometimento á lóxica da publicidade comercial. Deterase tamén no caso da cidade de Málaga e no modo no que aborda o seu proxecto de incorporación ao mercado global do turismo culturall, dentro do cal xoga un papel central a sinalización dos novos fitos urbanos arredor dos cales pretende construír a súa nova imaxe, máis que pública, publicitaria -nomeadamente a da idea da arte e máis concretamente a figura de Piscasso. Finalmente amosará algúns proxectos recentes que desde as prácticas artísticas abordan a sinalización e visibilización das xeografías e as historias outras silenciadas, suprimidas polas esixencias de simplificación extrema que o mercado turístico require da imaxe oficial da cidade.
"Currículum de Rogelio López Cuenca: Sinalizar a cidade". (documento)
Ficha técnica
Organiza
» Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)
Lugar de celebración