consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Xenes, linguas e historia de Galicia
xornada | Do 3 ao 4 de decembro de 2009
Información
Trátase da segunda edición dunha reunión interdisciplinaria entre historiadores, lingüistas, antropólogos e xenetistas, para integrar coñecementos da nosa historia á luz dos avances en cada un dos campos e particularmente no da xenética.

Para comprender e explicar os fenómenos que a xenética de poboacións descobre, temos que acudir ás ciencias que describen e estudan os pobos do mundo. Son, no seu conxunto, ciencias de carácter histórico que describen os pobos a través de calquera das súas manifestacións: as súas linguas, os seus restos materiais, os seus hábitos e modos organizativos. Por outra parte a xenética pode ser unha ferramenta auxiliar da historia e axudarnos a desvelar enigmas do noso pasado.

Só integrando coñecementos poderemos avanzar nas nosas ciencias.
Ficha técnica
Lugar de celebración