Presentación do sitio web Atalaia

Presentación.

Presentación do sitio web Atalaia

Mércores, 30 de xuño do 2010
Presentación

Presentación do sitio web Atalaia

Mércores, 30 de xuño do 2010
ATALAIA. Arte Contemporánea en Galicia é unha iniciativa na rede da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, do Consello da Cultura Galega, aloxada no portal www.culturagalega.org, para ofrecer aos usuarios unha achega informativa inédita, actualizada e sistemática do contexto artístico actual en Galicia. No acto de presentación interviron: Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, e María Luísa Sobrino e Seve Penelas, coordinadora e membro da Sección citada, respectivamente.

Do deseño de ATALAIA, xunto con Manuel Gago (director de culturagalega.org), encargáronse: Daniel López, Victor E. Pérez, Arantxa Pérez e Clara Rodríguez. Da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, que coordina María Luísa Sobrino, forman parte: Camilo Franco, Federico López Silvestre, Carme Nogueira, Antón Patiño, Seve Penelas, Natalia Poncela, Miguelanxo Prado e Carlos Rosón.
Ficha técnica 
Presentación.
Presentación do sitio web Atalaia
Cando
Mércores, 30 de xuño do 2010