consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía
congreso | do 6 ó 9 de abril de 2010
Información
No ano 2010 cúmprese o primeiro centenario do nacemento en Bos Aires (Arxentina) de Luís Seoane, que faleceu en 1979 na Coruña, nas terras dos seus antepasados. A súa vida e obra estiveron consagradas á actividade cultural e artística, nun exercicio de dobre cidadanía, que o fixo sentirse membro das dúas patrias.

Con motivo desta efeméride, a Fundación Luís Seoane e o Consello da Cultura Galega promoven unha serie de actividades que terán lugar durante o presente ano 2010. Entre estas iniciativas encóntrase a realización do Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina, unha dobre cidadanía, que se realizará en Santiago de Compostela e A Coruña entre os días 6 e 9 de abril de 2010. No programa deseñado con este motivo preténdese retratar a figura e as actividades creativas de Luís Seoane atendendo á súa dobre dirección territorial e cultural, entre a emigración e o exilio, entre as activas e diversas facetas como axente creativo e a construción dun proxecto cultural de intensa repercusión e influencia.

Complétase o conxunto de actividades coa realización de tres encontros, que terán lugar nos vindeiros meses en colaboración coas tres universidades galegas, nos que se analizarán aspectos concretos da súa actividade como artista, comunicador, escritor, produtor ou deseñador. O programa do congreso conclúe coa exposición retrospectiva que se presenta na Fundación Luís Seoane e na que se desexa compoñer unha faciana ampla e plural do seu labor artístico, para recoñecelo como un dos autores máis representativos da cultura do século XX.
Inauguración oficial do Congreso
Data de celebración: 2010-04-06 08:00:00

Silvia Longueira Alberto Ruíz Roberto Varela Ramón Villares



Cultura y política entre dos mundos: debates intelectuales y tramas de sociabilidad (1936-1966)
Data de celebración: 2010-04-06 10:00:00

Fernando Devoto



Las Argentinas de Luís Seoane
Data de celebración: 2010-04-06 10:30:00

Beatriz Sarlo



O "fardel" galego de Seoane ata 1936
Data de celebración: 2010-04-06 12:30:00

María Luísa Sobrino



Galicia en Buenos Aires. Instituciones y redes culturales de la emigración gallega
Data de celebración: 2010-04-06 16:30:00

Hernán Díaz



Política dos exiliados e política dos emigrados: convivencia e conflicto
Data de celebración: 2010-04-06 18:00:00

Xosé Manuel Núñez



Los exiliados gallegos en la política argentina (1936-1976)
Data de celebración: 2010-04-07 11:30:00

Luis Alberto Romero



Luís Seoane en las redes de la cultura antifascista
Data de celebración: 2010-04-07 16:30:00

Diana Wechsler

Seoane en el arte argentino
Data de celebración: 2010-04-07 18:00:00

Rodrigo Gutiérrez



A arte medieval como esencia da modernidade. O medievalismo en Seoane
Data de celebración: 2010-04-08 10:00:00

Manuel Antonio Castiñeiras



A Idade Media na obra escrita de Luis Seoane. O medievalismo en Seoane.
Data de celebración: 2010-04-08 10:00:00





A "descoberta" de Galicia por Seoane: unha cultura, un pobo
Data de celebración: 2010-04-08 12:30:00

Xosé Luís Axeitos



O compromiso como posición no campo cultural. Luís Seoane no campo cultural galego. Cultura e compromiso
Data de celebración: 2010-04-08 16:30:00

Arturo Casas



Un testemuño. Cultura e compromiso
Data de celebración: 2010-04-08 16:30:00

Xosé Luís Méndez



O exilio e os galeguistas do interior: acordos e disidencias
Data de celebración: 2010-04-09 10:30:00

Xusto G.



Seoane e o Laboratorio de Formas
Data de celebración: 2010-04-09 12:00:00

Antón Patiño



As Galicias de Luís Seoane
Data de celebración: 2010-04-09 17:00:00

Alberto Ruíz Ramón Villares



Inauguración da exposición Luís Seoane: a configuración do posible
Data de celebración: 2010-04-09 19:00:00

María Xosé Bravo Javier Losada Alberto Ruíz Ramón Villares

Ficha técnica
Comisión organizadora
» Xosé Luís Axeitos
» Fernando Devoto
» Víctor F. Freixanes
» Manuel Gallego
» Alberto Ruíz de Samaniego
» Ramón Villares
Secretaría
» Xosé Manuel Lens
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Organiza
Lugar de celebración