consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Zambrano-Dieste: O legado de dúas figuras insubornables
xornada | Xoves, 18 de outubro de 2012
Información

A recuperación da memoria vén sendo xa un lugar común que deixa de ter sentido se non serve como espazo de transformación. María Zambrano Alarcón (1904-1991), unha das figuras claves da filosofía do século XX, e Rafael Dieste (1899-1981), escritor da xeración do 27, son dúas persoas comprometidas e enraizadas na cultura popular. A súa relación intelectual iníciase na Segunda República e estréitase a través da súa participación nas Misións Pedagóxicas e noutras iniciativas culturais. Pensar as súas relacións e producións é pensar tamén no futuro. Zambrano e Dieste asomen non só o peso da nosa memoria histórica senón tamén a necesidade de repensar as súas motivacións e as súas achegas.


Rafael Dieste e María Zambrano deixáronnos unha obra construtora de pontes, altamente renovadora, aberta a tempos e espazos de pluralismo. Foron capaces de xerar unha nova canle expresiva portadora da palabra precisa para construír espazos de opinión pública. Ela e mais el conxugan o rigor da palabra e a liberdade vital. Non obstante, fan parte dos e das novas “non cidadás”, das e dos “transterrados”, dos e das “olvidadas” da nosa historia recente. É por iso que esta xornada ten como obxectivos: achegarnos ás súas obras, pensamentos e relacións; propiciar un espazo para o estudo e a emerxencia de novas lecturas; e recuperar o noso legado próximo, o legado de dúas figuras insubornables.


Inauguración
Data de celebración: 2012-10-18 10:00:00

María Xosé Agra Rosario Álvarez


A vicepresidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez Blanco e a coordinadora da Comisión de Igualdade desta institución María Xosé Agra Romero presentan a xornada


Zambrano-Dieste: amizade e concorrencias
Data de celebración: 2012-10-18 11:00:00

María Xosé Agra María Leyra Fernández-Labandera


María Xosé Agra Romero presenta a María Leyra Fernández-Labandera, profesora de ensino medio e investigadora da USC. Esta especialista en María Zambrano achéganos, ás concorrencias biográficas e de pensamento existentes entre Rafael Dieste e a citada filósofa


A biografía epistolar de Rafael Dieste
Data de celebración: 2012-10-18 11:45:00

Xosé Luís Axeitos


María Xosé Agra Romero presenta a Xosé Luís Axeitos Agrelo, secretario da RAG e profesor da UNED. Este estudoso da figura e obra de Rafael Dieste, a máis de facer unha reflexión xeral sobre o lugar das epístolas no estudio e comprensión da realidade histórica, social e cultural, céntrase nas cartas de Rafael Dieste nunha achega ao seu pensamento e ás súas relacións


Poesía e historia. A dialéctica razón poética / razón histórica no grupo Hora de España durante a guerra e no exilio
Data de celebración: 2012-10-18 12:45:00

María Xosé Agra Arturo Casas


María Xosé Agra Romero, presenta a Arturo Casas Vales, profesor da USC. Estea borda a relación Dieste-Zambrano destacando as súas lecturas e vivencias comúns: República, Misións Pedagóxicas, exilio…


Carmen Muñoz
Data de celebración: 2012-10-18 16:30:00

María Xosé Agra Carmen Blanco


María Xosé Agra Romero presenta a Carmen Blanco, profesora da USC. Esta última, no seu relatorio achéganos a figura de Carmen Muñoz Manzano na súa relación intelectual con Rafael Dieste


Rafael Dieste. Da xeometría á filosofía
Data de celebración: 2012-10-18 17:15:00

María Xosé Agra Xosé Díaz


María Xosé Agra Romero presenta a Xosé Díaz Díaz, investigador da USC e profesor de ensino medio. Este, no seu relatorio céntrase nos contidos e significados das obras xeométricas de Rafael Dieste destacando o interese filosófico das mesmas


Documentos

ZAMBRANO-DIESTE: O LEGADO DE DÚAS FIGURAS INSUBORNABLES
Ficha técnica
Coordinación
» María Xosé Agra Romero
» Ramón Máiz Suárez
Inauguración
» Ramón Villares
Presenta
» María Xosé Agra Romero
» Ramón Máiz Suárez
Relator/a
» María Xosé Agra Romero
» Xosé Luís Axeitos
» Carmen Blanco García
» Arturo Casas
» Xosé Díaz Díaz
» María Leyra Fernández-Labandera
» Ramón Máiz Suárez
Organiza
» Comisión de Igualdade (CCG)
» Consello da Cultura Galega
» Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Participantes
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.org
www.consellodacultura.org