Emigración e exilio nos EUA: Experiencias de Galicia e Azores

Seminario.

Emigración e exilio nos EUA: Experiencias de Galicia e Azores

Illa de San Simón, 18 e 19 de outubro de 2012
Illa de San Simón
Seminario

Emigración e exilio nos EUA: Experiencias de Galicia e Azores

Illa de San Simón, 18 e 19 de outubro de 2012 Illa de San Simón

Galicia e Azores son dúas comunidades atlánticas que desenvolveron ao longo da historia unha idiosincrasia común relacionada co fenómeno migratorio a América, a través do cal a identidade das dúas sociedades experimentou unha transformación sutil, mais evidente, que marcou o seu destino histórico. Malia as semellanzas culturais entre ambos os pobos, moi vinculados ao mar e á agricultura, Azores e Galicia viviron sempre practicamente sen ningún contacto entre eles.


Esta actividade pretende achegar, de xeito comparado, a realidade das dúas sociedades atlánticas a partir da súa relación co novo mundo, que tanto os emigrantes galegos como azorianos axudaron a construír. Nun primeiro congreso realizado en Faial (Azores), organizado conxuntamente pola Fundação Luso-Americana e o Consello da Cultura Galega (coa colaboración do Goberno e da Universidade dos Açores), analizáronse os diferentes procesos migratorios da comunidade galega e azoriana aos Estados Unidos de América (EUA). Os emigrantes azorianos concéntranse, nomeadamente, nos Estados Unidos, mentres que os galegos se espallan por todo o continente, aínda que a súa presenza no territorio norteamericano foi singular.


Neste novo seminario internacional preténdese facer unha achega a aspectos de ambas as dúas comunidades emigrantes nos EUA, como a integración dos emigrantes nas sociedades de acollida, as súas relacións co mundo do exilio, a aparición e consolidación de novos medios de comunicación na diáspora, sen esquecer o papel das comunidades emigrantes na diplomacia cultural. Estas son algunhas das preguntas ás que este seminario internacional intentará dar resposta.


O seminario retransmitirase por video no web consellodacultura.org

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

LUGAR

LUGAR
Illa de San Simón
Azores

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
difusion@consellodacultura.org
Consulta os materiais en http://consellodacultura.org/mediateca