consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


II FORO INTERNACIONAL INDCREA
foros | Na Illa de San Simón (Redondela), 17 e 19 de xullo de 2012
Información

CULTURA EMPRENDEDORA E INNOVADORA PARA AS INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS


A Cultura Emprendedora e Innovadora para as Industrias Culturais será o eixo central da segunda edición do Foro Internacional INDCREA que, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto ao Consello da Cultura Galega, celebrarase entre o 17 e o 19 de xullo na illa de San Simón, como actividade do Laboratorio Permanente de Industrias Culturais.


Máis de 50 expertos internacionais procedentes dos ámbitos académico e profesional vinculados á industria cultural e creativa, tanto desde a perspectiva do creador como das do empresario, empregado ou promotor, centraranse na análise na cultura emprendedora como un dos piares do desenvolvemento do sector.


Desenvolvido por parte da Consellería a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da Fundación Illa de San Simón, o proxecto INDCREA ten como obxectivo analizar e atopar novas fórmulas (a través do debate, a reflexión e mesmo a investigación) que permitan enfrontar con éxito os desafíos de futuro das industrias culturais e creativas, un sector estratéxico en Galicia non só polo seu capital artístico senón tamén pola importancia do tecido produtivo relacionado, cunha gran capacidade de xeración de emprego e de resistencia á crise económica.


Así, neste foro analizaranse aspectos como o valor económico das industrias culturais, os modelos de negocio existentes e emerxentes ou a necesidade de acometer unha reestruturación imposta pola crise económica e a reconversión tecnolóxica. Tamén se abordarán as estratexias de futuro e as tendencias a explorar para incrementar os mercados, avanzar na I+D+i ou buscar novos procedementos de interacción coas institucións e os axentes sociais.


O comité organizador do II Foro Internacional INDCREA está presidido polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos F. Fasero; e á fronte do comité científico está Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. A dirección académica e científica corre a cargo dos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Xosé López e Francisco Campos; e da Universidade da Coruña, Valentín Alejandro Martínez.


Outros asuntos que se tratarán ao longo deste encontro van desde a importancia económica e cultural no contexto da globalización ata o ecosistema creativo, innovador, colaborativo e comercial da cultura dixital, a problemática e os novos modelos de negocio na industria musical, o potencial da cultura e as marcas nas redes sociais, o impacto do cambio do paradigma dixital, a alfabetización mediática, a divulgación científica, a promoción e o emprendemento turístico vencellado á cultura ou a investigación no eido das industrias creativas.


Ademais dun amplo colectivo de profesores universitarios e profesionais galegos, encargaranse de analizar todos estes aspectos destacados expertos que desenvolven o seu traballo fóra de Galicia, como son os casos de Rafael Rodríguez Ponga, secretario xeral do Instituto Cervantes; Manuel Toharia, director científico da Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia; Paulo Faustino, secretario da Asociación Portuguesa de Medios de Comunicación Social; Gonzalo López Campos, director do selo Movistar Música; Francisco Aguadero, investigador, comunicador e especialista en comunicación social; ou Juan Nouche, produtor multimedia de Otiiplanet.com, entre outros. Do ámbito académico, viaxarán a San Simón con motivo de INDCREA 2012 Neysi Palmero, catedrática da Facultade de Comunicación e Mercadotecnia da Universidade Autónoma de Guerrero (México), Francisco Rui Cadima, catedrático de Comunicación da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa; Ana Cristina Correia Gil, profesora da Universidade Pública das Açores (Portugal); Rosario de Mateo, catedrática de Xornalismo da Universidade Autónoma de Barcelona; Juan Carlos Miguel de Bustos, catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade do País Vasco; José Ignacio Aguaded, catedrático de Medios e Novas Tecnoloxías da Comunicación aplicadas á Educación da Universidade de Huelva; Franc Ponti, profesor da escola de negocios EADA de Barcelona e Antoni Serra Cantallop, profesor da Universidade das Illas Baleares.


O encontro foi retransmitido en streaming pola canle San SimónTV, á que se pode acceder a través da páxina web da Fundación Illa de San Simón (www.illadesansimon.org).
Tamén se realizará un completo seguimento en Twitter desde a conta @illasansimon e baixo a etiqueta #INDCREA2012.


Inauguración
Data de celebración: 2012-07-17 09:30:00

A tradición emprendedora da cultura galega
Data de celebración: 2012-07-17 10:00:00

Ramón Villares,  presidente  do  Consello  da  Cultura  Galega 
Juan Carlos F. Fasero,  director  da  AGADIC 
Víctor Fernández Freixanes,  editor  e  profesor  da  Universidade  de  Santiago  de  Compostela 
Fernando Salgado García,  xornalista  e  profesor  da  Universidade  de  Santiago  de  Compostela


A importancia económica e cultural dos idiomas no contexto da globalización
Data de celebración: 2012-07-17 11:45:00

Rafael Rodríguez Ponga, Secretario  Xeral  do  Instituto  Cervantes 
Presenta: Francisco Campos Freire,  profesor  da  Facultade  de  Ciencias  da  Comunicación  da   Universidade  de  Santiago  de  Compostela


A cultura do emprendemento e a innovación nas industrias culturais e creativas
Data de celebración: 2012-07-17 13:00:00

Franc Ponti, escritor  e  profesor  de  EADA  de  Barcelona 
Presenta:  Miguel Túñez, profesor  da  Facultade  de Ciencias  da Comunicación  da  Universidade   de  Santiago  de  Compostela


O ecosistema creativo, innovador, colaborativo e comercial da cultura dixital
Data de celebración: 2012-07-17 16:30:00

Carlos Jiménez Suárez, creador  de  novas  aplicacións  multimedia 
Paulo  Faustino,  profesor,   editor   e   secretario   da   Asociación   Portuguesa   de   Medios de Comunicación  Social 
Presenta:   Juan  Manuel  Corbacho,   profesor   e   decano   da   Facultade   de   Ciencias Sociais   e   da   Comunicación  da  Universidade  de  Vigo


Industria musical Vs. Industrias musicais
Data de celebración: 2012-07-17 18:15:00

Lara López, directora  de  Radio  3  (Radio  Nacional  de  España) 
Joaquín Martínez, director  do  Grupo  EsmerArte 
Javier Abreu, produtor  musical,  presidente  da  Asociación  de  Técnicos  de  Son  de  Galicia 
Presenta: Xaime Fandiño Alonso, profesor  de  Comunicación  da  Universidade  de  Santiago  de   Compostela


A xestión da creatividade e a innovación nas industrias culturais e da comunicación
Data de celebración: 2012-07-18 09:30:00

Juan  Carlos Miguel  de  Bustos,  catedrático de   Comunicación   Audiovisual   da  Universidade   do   País  Vasco 
Presenta:  Xosé Pereira,  decano  da  Facultade  de  Ciencias  da  Comunicación  da  Universidade  de   Santiago  de  Compostela   


Obxectivos e necesidades da alfabetización mediática en Europa
Data de celebración: 2012-07-18 09:30:00

José Ignacio Aguaded,  catedrático de  Medios  e  Novas  Tecnoloxías  da  Comunicación  aplicadas   á  Educación  da  Universidade  de  Huelva 
Presenta:  Xosé Soengas,  catedrático  e  director  do  departamento  de  Ciencias  da  Comunicación   da  Universidade  de  Santiago  de  Compostela


Novos modelos de negocio e de distribución do sector musical
Data de celebración: 2012-07-18 10:30:00

Gonzalo López Campos,  director  do  selo  Movistar  Música 
Presenta:  Juan Carlos Fernández Fasero, director  da  AGADIC


O potencial da cultura e as marcas nas redes sociais
Data de celebración: 2012-07-18 12:00:00

Neysi  Palmero,  catedrática   da  Facultade   de   Comunicación  e  Mercadotecnia   da  Universidade   Autónoma  de  Guerrero  (México) 
Francisco Aguadero, investigador,  comunicador  e  especialista  en  comunicación  social 
Presenta:  Valentín Alejandro Martínez, profesor  da  Universidade  da  Coruña


Os cambios e impactos do paradigma dixital nas industrias da comunicación e creativas
Data de celebración: 2012-07-18 16:30:00

Francisco  Rui  Cadima,  catedrático   de   Comunicación   da   Facultade   de   Ciencias Sociais   e   Humanas  da  Universidade  Nova  de  Lisboa 
Presenta:  Margarita  Ledo Andión,   catedrática   de   Comunicación  Audiovisual   da  Universidade   de  Santiago  de  Compostela


Presentación e debate sobre novas investigacións das industrias culturais e creativas das universidades de Galicia
Data de celebración: 2012-07-18 18:15:00

Mónica LópezCrowfunding  na  industria  do  cine 
Doris Fenándes del Pozo,  Sistemas  europeos  de  incentivos públicos á  prensa 
Tania Fernández LombaoA Responsabilidade  Social  Corporativa  das TV  públicas  europeas 
Fátima FernándezA  evolución  dos  grupos  mediáticos  europeos  na  Bolsa 
Manuel GoyanesO  Pay-Wall da  prensa  dixital europea 
Alba SilvaEstudo  das  aplicacións  informáticas  de  xornalismo  para  móbiles 
Carlos TouralCreatividade  e  innovación  nas  redes  sociais 
Iria AmeixeirasPropaganda  e  contrapropaganda  política  en  Twitter:  Os  hashtags  de  partidos  e   movementos  nas  eleccións  xerais  de  2011 
Beatriz Feijóo Fernández,  O  consumo  de  medios  2.0  en  menores:  uso  das  redes  sociais  entre   os  nenos  pontevedreses  do  último  curso  de  primaria 
Isabel Martínez Martínez,  Políticas  audiovisuais  para  o  fomento  do  talento  audiovisual  galego 
Magdalena Rodríguez Fernández O  Camiño  de  Santiago  na  contorna  das  Industrias  Culturais 
Clide  Rodríguez  Vázquez,  O  marketing   de   afiliación   aplicado   ao   turismo   na   súa relación   coa   industria  cultural

Presenta:   Xosé  Rúas,   profesor   da   Facultade   de   Ciencias   Sociais   e   da Comunicación   da   Universidade  de  Vigo


Obxectivos e necesidades da alfabetización mediática en Europa
Data de celebración: 2012-07-19 09:30:00

José Ignacio Aguaded,  catedrático de  Medios  e  Novas  Tecnoloxías  da  Comunicación  aplicadas   á  Educación  da  Universidade  de  Huelva 
Presenta:  Xosé Soengas,  catedrático  e  director  do  departamento  de  Ciencias  da  Comunicación   da  Universidade  de  Santiago  de  Compostela


Crise e potencial das industrias culturais, da comunicación e creativas
Data de celebración: 2012-07-19 10:30:00

Rosario de Mateo, catedrática  de  Xornalismo da  Universidade  Autónoma  de  Barcelona 
Ana Cristina Correia Gil, profesora  da  Universidade  Pública  das  Açores  (Portugal) 
Presenta:  Ana Isabel  Rodríguez, profesora   de   Comunicación   Audiovisual   da  Universidade   de   Santiago  de  Compostela


A divulgacion da ciencia, a proxección do patrimonio e a cultura na promoción turística
Data de celebración: 2012-07-19 12:15:00

Manuel Toharia, director  científico  da  Cidade  das  Artes  e  as  Ciencias  de  Valencia 
Antoni Serra Cantallop, profesor  da  Universidade  das  Illas  Baleares,  Área  de Comercialización   e  Investigación  de  Mercados 
José Antonio Fraiz Brea,  coordinador  do  Mestrado  Universitario  en  Dirección  e  Planificación   do Turismo de  Interior  e  Saúde  e  profesor  da  Facultade de  Ciencias Empresariais  e  Turismo  da   Universidade  de  Vigo 
Presenta:  Emma Torres, profesora  de  Comunicación  Audiovisual  e  Publicidade da  Universidade   de  Santiago  de  Compostela


O estado da creatividade, a innovación e o emprendemento na industria audiovisual
Data de celebración: 2012-07-19 16:30:00

Antón Mourelos, presidente  da  Academia  Galega  do  Audiovisual 
Juan Nouche,  produtor  multimedia  de  Otiiplanet.com 
Xesús Iglesias, emprendedor  audiovisual  e  cultural 
Presenta:  Carlos Carballo,  profesor  da  Facultade  de Ciencias  da  Comunicación  da  Universidade   de  Santiago  de  Compostela


A emerxencia das novas experiencias de emprendemento turístico cultural de Galicia
Data de celebración: 2012-07-19 18:30:00

Luis Paadín, experto  en  enocultura  e  presidente  da  Asociación  Galega  de  Catadores,  delegado   da  FIJEV  (Federación  Internacional  de  Xornalistas  e  Escritores  do  Viño)
David Barro, representante  de  Kuntshalle,  promoción  de  gastrohostelería  cultural  de  Santiago   de  Compostela
Xosé Gago,   representante  de  Cool-touring,   turismo  e  servizos  de  audioguías  e  aplicacións  de   reputación  dixital
Santiago  Fernández  Lanza,  representante   de   Cilenis, especializado no   procesamento da   linguaxe  natural  e a súa  aplicación  en  teléfonos  móbiles
Presenta:  Manuel Gago,  profesor  da Facultade  de  Ciencias  da  Comunicación  da  Universidade   de  Santiago  de  Compostela.  Diretor do  portal  culturagalega.org  do  Consello  da  Cultura  Galega.


Presentacións de Conclusións de clausura
Data de celebración: 2012-07-19 20:30:00

Ficha técnica
Comisión organizadora
» Francisco Javier Alonso González
» Rubén Canella García
» Mercedes Caridad Sebastián
» Juan Manuel Corbacho
» João Paulo Faustino
» Juan Carlos Fernández Fasero
» Víctor F. Freixanes
» Xosé López García
» Neysi Palmero
» José Pereira Fariña
» Emir Suaiden
Comité científico
» Francisco Aguadero Fernández
» Juan Manuel Corbacho
» Ana Cristina Correia Gil
» Xaime Fandiño
» João Paulo Faustino
» José Antonio Fraiz Brea
» Víctor F. Freixanes
» Manuel Gago
» Fátima García López
» Margarita Ledo
» Cecilia Leite de Almeida
» Xosé López García
» Rosario de Mateo
» Juan Carlos Miguel de Bustos
» Ana María Morales García
» Neysi Palmero
» José Pereira Fariña
» Natalia Quintas Froufe
» Luis Fernando Ramos Simón
» Magdalena Rodríguez Fernández
» Ana Isabel Rodríguez Vázquez
» Clide Rodríguez Vázquez
» Xosé Rúas Araújo
» Francisco Rui Cádima
» María Victoria Santorsola
» Antoni Serra Cantallops
» Xosé Soengas
» Carlos M. Tejada Artigas
» Emma Torres Romay
» Teresa Tsuji
» Miguel Túñez López
» Ramón Villares
Dirección
» Marcelino Fernández Santiago
» Xosé López García
» Rómulo Sanjurjo Chao
Participante
» Iria Ameixeiras
» Beatriz Feijóo Fernández
» Doris Fernándes del Pozo
» Fátima Fernández
» Juan Carlos Fernández Fasero
» Tania Fernández Lombao
» Víctor F. Freixanes
» Manuel Goyanes
» Mónica López
» Isabel Martínez Martínez
» Magdalena Rodríguez Fernández
» Clide Rodríguez Vázquez
» Fernando Salgado
» Alba Silva
» Carlos Toural
» Ramón Villares
Presenta
» Carlos Carballo Varela
» Juan Manuel Corbacho
» Xaime Fandiño
» Juan Carlos Fernández Fasero
» Manuel Gago
» Margarita Ledo
» Xosé Pereira
» Ana Isabel Rodríguez Vázquez
» Xosé Rúas Araújo
» Xosé Soengas
» Emma Torres Romay
» Miguel Túñez López
Relator/a
» Javier Abreu
» Francisco Aguadero Fernández
» David Barro López
» Ana Cristina Correia Gil
» João Paulo Faustino
» Santiago Fernández Lanza
» José Antonio Fraiz Brea
» Xosé Gago
» Xesús Iglesias
» Carlos Jiménez Suárez
» Lara López
» Gonzalo López Campos
» Kin Martínez
» Rosario de Mateo
» Juan Carlos Miguel de Bustos
» Antón Mourelos Vázquez
» Juan Nouche
» Luis Paadín
» Neysi Palmero
» Franc Ponti Roca
» Rafael Rodríguez-Ponga
» Francisco Rui Cádima
» Antoni Serra Cantallops
» Manuel Toharia Cortés
Secretaría
» Óscar Juanatey Boga
» Xosé Rúas Araújo
» Alba Silva
Colabora
» Universidade da Coruña
» Universidade de Santiago de Compostela
» Universidade de Vigo
Organiza
» Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
» Consello da Cultura Galega
» Fundación Illa de San Simón
Participantes
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
»
Lugar de celebración

LUGAR
Illa do Pensamento
Arquipélago de San Simón
Ría de Vigo
Redondela
Pontevedra