consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Creadoras Galegas de Imaxe II
ciclo | No Centro Sociocultural Novacaixagalicia (Ferrol), do 6 ó 8 de novembro de 2012
Información

II ciclo de proxeccións: A construción do relato ideado


A produción audiovisual en Galicia experimentou nos últimos anos un importante incremento cualitativo e cuantitativo.Non son poucas as mulleres que están a intervir neste feito traballando nos diferentes eidos deste ámbito creativo(cámaras, directoras, guionistas, realizadoras, montadoras, etc.). Non obstante, nas mostras de documental e cinemagalegos séguese a observar un, cando menos curioso, silenciamento das propostas de novas directoras. Son estascuestións as que configuran o obxectivo fundamental do ciclo Creadoras galegas de imaxe. Trátase de dar a coñecer edifundir propostas e obras de mulleres; contribuíndo, así, a paliar a desinformación e invisibilidade existente.


Esta segunda edición do ciclo, coordinada por Uqui Permui e Encarna Otero Cepeda e organizada pola Comisión deIgualdade do Consello da Cultura Galega, focaliza a súa atención na produción de creadoras galegas que traballan nosxéneros cinematográficos de ficción, documental e animación (curta e longametraxe), baixo olladas feministas. Desdeestas perspectivas están a rachar coa imposición de estándares estéticos. Isto implica a ruptura cos convencionalismose a busca de novas formas de representación. Ese é o punto de partida deste segundo ciclo de cine, que se divide entres sesións: "Interferencias", "A través dos lugares" e "Traballo e resistencia".


Ficha técnica
Coordinación
» Encarna Otero
» Uqui Permui
Participante
» Xoán Anleo
» Xisela Franco Costas
» Salomé Lamas
» Gemma Pardo
» Cora Peña
» Uqui Permui
» Ariane Porto
» Noé Rodríguez
» María Ruido
» María Ruido
» Sandra Sánchez
» Nadejda Tilhou
Colabora
» novacaixagalicia
» Xunta de Galicia
Organiza
» Comisión de Igualdade (CCG)
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
Centro Sociocultural Novacaixagalicia de Ferrol
Praza da Constitución, s/n
Ferrol
A Coruña