consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)
exposición | No Círculo de las Artes (Lugo), do 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2013
Información

Esta mostra ten como obxecto poñer en valor o papel que desempeñaron as asociacións culturais en Galicia e os seus axentes durante os últimos quince anos da ditadura franquista (1961-1975). Desde as primeiras iniciativas de rescate da cultura galega comezadas por Galaxia e a súa rede, as accións daqueles mozos e mozas foron determinantes para estender a lingua e a cultura identitaria mediante a fórmula asociativa, nun marco pouco propicio para este labor. A súa metodoloxía integradora, tendendo pontes co galeguismo de antes da guerra, e a súa penetración no tecido social foron determinantes para consolidar os pasos precisos no camiño da construción dunha cultura nacional.


O acto de presentación da exposición será o día 10 de xaneiro de 2013 ás 20:00h no Círculo de las Artes de Lugo, e participarán: Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega e Jesús López-Domínguez López, Presidente do Círculo de las Artes de Lugo


Hemeroteca
27-02-2013
O Consello da Cultura presenta na Fundación “Luís Seoane” a exposición “Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)”
Ficha técnica
Coordinación
» Ricardo Gurriarán
Inauguración
» Jesús López-Domínguez López
» Ramón Villares
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Lugar de celebración

LUGAR
Círculo de las Artes de Lugo
Plaza Maior, 23
27001 Lugo