consello da cultura galega

Teléfono: +34 981 957 202 | web@consellodacultura.org


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
exposición | En MUPEGA (Santiago de Compostela), do 6 de febreiro ao 28 de xuño de 2013
Información

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Moi logo prestou atenciónás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron,custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.


Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou, e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegase, tamén, a exposición que agora presentamos.


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegasde Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.


Documentos

Luces de alén mar. As escolas de americanos en galicia. Invitación




Hemeroteca
29-04-2013
Catálogo ampliado e revisado da Exposición "Luces de Alén Mar"
Ficha técnica
Comisariado
» Vicente Peña
Documentación
» Carolina García Borrazás
» María Teresa García Domínguez
Ámbito
» Comisión de Acción Exterior (CCG)
Colabora
» Secretaría Xeral de Emigración
Organiza
» Arquivo da Emigración Galega (CCG)
» Consello da Cultura Galega
Lugar de celebración

LUGAR
MUPEGA
Rúa San Lázaro, 107
15781 Santiago de Compostela